Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
O MUMI anuncia as bandas que participarán no intercambio tecido coa Fira Mediterrània de Manresa
O MUMI anuncia as bandas que participarán no intercambio tecido coa Fira Mediterrània de Manresa


O MUMI anuncia as bandas que participarán no intercambio tecido coa Fira Mediterrània de Manresa

A banda galega Caldo foi a escollida entre todas as que participaron na anterior edición do MUMI, para presentar o seu novo traballo na vindeira edición da prestixiosa Fira Mediterrània de Manresa en outubro. Pola súa parte, a proposta catalana Alba Careta & Henrio entra no programa de showcases do mercado musical galego-portugués que se celebrará na eurocidade Tui-Valença do 21 ao 24 de setembro. Este intercambio é o resultado da alianza entre os dous mercados e é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Eurocidade Tui-Valença, 2 de agosto.- 
A feira das industrias musicais galega e portuguesa avanza o timeline da súa próxima edición e desvela cales son as bandas escollidas dentro do acordo de colaboración que se inicia este ano coa Fira Mediterrània de Manresa, o mercado de referencia para as músicas que utilizan a raíz, a tradición e a cultura popular como motor creativo.

 

Caldo presentará o seu novo disco
diante de programadores de todo o mundo

 

Grazas a este intercambio, a Fira recibirá na súa próxima edición en outubro a proposta musical de Caldo, que foi escollida entre as bandas participantes na anterior edición do MUMI dentro da alianza entre as dúas feiras, e grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Fira e a Axencia Galega das Industrias Culturais que financiará a participación da banda galega. Caldo terá a oportunidade de realizar un showcase para presentar o seu novo disco Lugar A Ponte neste importante mercado onde se dan cita programadores de todo o mundo. Lugar A Ponte, publicado o pasado mes de maio, é unha proposta íntima, moderna e potente, chea de honestidade e de responsabilidade tanto coa tradición coma con elas mesmas. Con este traballo, Caldo abre paso e reivindica o seu espazo no panorama actual coma unha das agrupacións imprescindibles á hora de entender a renovación e posta en valor da música tradicional a través da experimentación sonora. Neste segundo disco, Caldo incorpora lírica propia, textos coidados que asina Anaïs Barbier e que se fusionan naturalmente con outros aprendidos da tradición oral, reinterpretados desde unha ollada actual. En Lugar A Ponte todas as letras falan dun momento de cambio, dun vínculo, dunha perda ou dunha relación. Son, ao final, episodios vitais que conforman un álbum que narra, dalgún xeito, as sensacións dentro do fogar, ese lugar ou núcleo que se constrúe amodiño, da man da xente máis próxima e querida.

Este ano a Fira Mediterrània de Manresa vai acoller tamén a outras bandas galegas como Caamaño & Ameixeiras, que tamén e a súa proposta, dentro do Focus Galiza-Portugal que o mercado catalán ten programado neste edición.

 

A proposta catalá de Alba Careta & Henrio
participará nos showcases do MUMI

 

Na outra punta do intercambio, o MUMI vai contar na súa programación cunha proposta musical catalana seleccionada pola Fira. Trátase de Alba Careta & Henrio,  un delicado proxecto no que a trompetista e cantante Alba Careta e o cantautor e produtor Henrio presentan unha viaxe onírica por varias cancións de berce catalás recollidas no cancioneiro popular de “Càntut, cançons de tradició oral”, onde se recompilan máis de 1.700 cancións e gravacións de cancións de tradición oral. Este proxecto nace da necesidade de recuperar as cancións utilizadas nos momentos máis tenros da crianza e que pasaron de xeración en xeración co obxectivo de acougar e durmir aos máis pequenos. O concerto contará con algunhas das cancións de berce máis coñecidas en Cataluña como 'O noi da mare' ou 'Son son', pero tamén nos descubrirá melodías e letras únicas que, sen o traballo incansable de recompilación de cancións do cancioneiro popular de Càntut, caerían no esquecemento.

Este showcase súmase aos xa anunciados de Antía Muíño, Mondra, Anxo Araújo, Diego Alonso 5tet, Habelas Hainas, Lontreira, Moura e Xurxo Fernándes pola banda galega; e as propostas de Aníbal Zola, Expresso Transatlântico , María Monda, Maze, Retimbrar e Virgem Suta pola banda portuguesa.

 

AVANCE DO TIMELINE DA FEIRA

 

Ademais deste novo showcase, o MUMI avanza o timeline da súa programación, que permitirá organizar a axenda de traballo a artistas, empresas e programadoras durante os catro días do mercado. Nas próximas semanas, a feira seguirá anunciando os detalles do seu programa de conferencias, palestras, speedmeetings e sesións de traballo conxunto, xunto a novas propostas musicais que serán convidadas a participar no encontro.

 

Continúan abertas as inscricións profesionais

As inscricións profesionais para o MUMI 2023 continuarán abertas a través da páxina mumimusicas.eu sen ningún tipo de custe e ata a propia data do evento para facilitar a asistencia das persoas interesadas en manter sesións de traballo conxunto dentro do espazo destinado aos speedmettings ou encontros rápidos entre profesionais. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, responsables de programación, xornalistas e público xeral, daranse cita neste evento que quere converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular e que ten como obxectivo crear novos mercados para as músicas galega e portuguesa, construír unha relación estable entre axentes e empresas de Galicia e Portugal; e destacar o talento creativo de proximidade ante programadores e técnicos de cultura de ámbolos dous países.

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa